Monday 13 de May de 2024

O PSOE e Alternativa dos Veciños chegan a un acordo para conformar goberno en Bergondo


Alejandra Pérez Máquez será investida mañá como alcaldesa e Juan Fariña será o primeiro tenente de alcalde do goberno local

O Partido Socialista e Alternativa dos Veciños chegan a un acordo para conformar goberno en Bergondo durante os próximos catro anos.

A candidata socialista, Alejandra Pérez Máquez, e o candidato de Alternativa dos Veciños, Juan Fariña, remataron hoxe de selar o pacto polo que mañá, sábado 17 de xuño, no pleno de investidura constituirase unha maioría absoluta formada polos tres concelleiros de AV e os catro do PSOE.

Alejandra Pérez Máquez será investida como alcaldesa, Juan Fariña será o primeiro tenente de alcalde e Alternativa dos Veciños asumirá tamén a terceira tenencia de alcaldía, mentres que Partido Socialista terá a segunda e a cuarta tenencia de alcaldía.

Os cabezas de lista das dúas agrupacións anuncian que a próxima semana anunciarán os detalles da configuración do goberno e o reparto das diferentes áreas.